Sunday 28 de April de 2024

O espectáculo de Maxia na Rúa previsto para hoxe trasládase ao auditorio da Fábrica en Perillo


Hoxe ás 17:30 horas chega a Santa Cristina o Festival de Ilusionismo da man de Román García.

Máis de 45 minutos de maxia para público familiar da man de Román García do que poderemos gozar no auditorio da Fábrica (Rúa do Inglés, Perillo) a causa da chuvia. O espectáculo estaba previsto para ser presentado do Parque José Martí mais as inclemencias meteorolóxicas obrigan a trasladalo á Fábrica.

“Galicia Ilusiona” (@galiciailusiona) é un Festival de Ilusionismo que leva a maxia e a ilusión por toda Galicia e que chega a Oleiros da man de Román García. Na actividade de MAXIA NA RÚA diferentes artistas, magos, magas, ilusionistas de primeiro nivel e cunha longa traxectoria profesional; recorren máis de 100 localidades galegas durante os meses de agosto, setembro e outubro para encher de ilusión ás familias.